FESTA DAS BANDAS
Xoves día 6 de agosto, desde ás 20:00 h., na Praza do Reló
Infogauda / A Guarda
A Festa das Bandas, comeza este xoves, día 6 de agosto, a partir das 20:00 horas, na Praza do Reló, de A Guarda.
O cartaz inicial amplíase coa participación no evento de Folk you & Fiddleloop. Tres mestres da música xúntanse para sorprendernos cun estilo celta.
Agora xa non hai excusas para non estar na Praza do Reló dende primeira hora. Que mellor que un pouquiño de música celta para ires quentando os motores?
A Festa das Bandas continuará con Lareira, e como colofón final, Os Cuchufellos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario