6 de ago. de 2015

A GUARDA

A 3ª RUTA DE AUTOCARAVANAS YAKART "CAMIÑO DE SANTIAGO" INCLUIU UNHA VISITA O MONTE SANTA TREGA

Nesta edición participan 65 autocaravanas e 15O persoas de toda España

Vista parcial das autocaravanas participantes na 3ª Ruta de Autocaravanas Yakart " Camiño de Santiago", estacionadas no Portiño Novo, de A Guarda - Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda


 Sairon o pasado día 31 de xullo de A Coruña e van chegar á Santiago de Compostela o vindeiro día 8 de agosto, logo de percorrer uns 790 quilómetros, facendo paradas en 18 concellos. Son 150 persoas procedentes de diversas Comunidades Autónomas de España, que viaxan en un total de 65 autocaravanas, e están facendo a III Ruta de Autocaravanas Yakart "Camiño de Santiago", unha iniciativa promovida por Yakart Autocaravanas en colaboración coa Asociación Galega de Autocaravanas (AGA).

 Procedentes de Ribadavia (Ourense), os participantes da III Ruta de Autocaravanas Yakart "Camiño de Santiago" chegaron o mércores día 5 de agosto á vila de A Guarda. Estacionaron no porto pesqueiro, concretamente na zoa denominada O Portiño Novo, onde xa estaba prevista súa ubicación. Logo de coñecer un pouco a vila guardesa, os caravanistas subiron en autobús o Monte Santa Trega para visitar o imponente megapoboado galaico romano e coñecer ás impresionantes vistas da desembocadura do río Miño, o Océano Atlántico, o Val do Rosal e os pobos de Caminha e Vila Nova de Cerveira. A xornada culminaría con unha cea-baile.

 No día de hoxe, as autocaravanas sairon da zoa do Portiño Novo, e os participantes  na III Ruta de Autocaravanas Yakart "Camiño de Santiago", desprazáronse ata Baiona para desde alí coller un barco e visitar ás Illas Cíes, onde xantaron no Restaurante Rodas e pasaron toda a xornada. O termo da visita tiñan previsto voltar ata A Guarda, desde onde segundo o programa, sairían o venres día 7, en dirección O Grove.

 O sábado chegarán a Santiago, visitarán a cidade e o domingo participarán na misa do peregrino e farán a foto do grupo na Praza do Obradoiro, dando así por rematada esta terceira edición da Ruta de Autocaravanas Yakart "Camiño de Santiago", unha inicitiva que ten como obxetivos "dar a conocer o turismo en autocaravana en Galicia e percorrer os principais puntos de interese da ruta xacobea".

Ningún comentario:

Publicar un comentario