3 de ago. de 2015

A GUARDA

O ALCALDE DA GUARDA, ANTONIO LOMBA BAZ, RECIBE A XEFA DE COSTAS DO ESTADO EN PONTEVEDRA, CRISTINA PAZ-CURBERA

De esquerda a dereita: Miguel Ángel Español Otero, Antonio Lomba Baz, Cristina Paz-Curbera, Rafael Álvarez Martínez e Antonio Iglesias
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, recibiu na mañá do luns día 3 de agosto, a visita da xefa de Costas do Estado na Provincia de Pontevedra, Cristina Paz-Curbera.

 Neste encontro, no que tamén estiveron presentes o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel Ángel Español Otero;
o alcalde Pedáneo da Entidade Menor de Camposancos, Rafael Álvarez Martínez, e o Técnico de Costas, Antonio Iglesias, o alcalde guardés mostrou o seu interese por levar a cabo diferentes proxectos na localidade.

 A primeira visita foi ao entorno do Campo do Codesal, punto no que nos próximos días Costas comezará as obras da “Senda do Codesal e escollera da pista Armona-Codesal”. Esta actuación enmárcase dentro do proxecto de rehabilitación do campo do Codesal para a adecuación dunha zona de esparcemento.

 No terreo, o técnico de Costas mostrou o trazado polo que se construirá a senda que permitirá o paso para os peóns.

 Dende este primeiro punto trasladáronse o entorno da praia da Lamiña. Neste espazo, comentou o alcalde da Guarda, o que se busca é facer un proxecto moito máis “ambicioso”. Así, Lomba, propuxo unha actuación no entorno no que se contemplase a rehabilitación con area do espazo que nestes momentos fai de aparcamento para converterse nunha zona de deportes de praia, aumentarlle metros ó areal e, na finca da antiga fábrica de Riego, construír un aparcamento.

As autoridades tamén visitaron a zoa de Bouza da Fonte e A Lamiña (Camposancos)


 A xefa de Costas en Pontevedra, mostrouse moi receptiva con esta idea e instou ó Concello a enviar un pequeno informe coas actuación para poder comezar a ter contactos con Medio Ambiente e estudar a viabilidade deste proxecto. Nos próximos días o alcalde guardés espera enviar dita documentación.


O alcalde - no centro da imaxe - informou a Xefa de Costas do Estado, en Pontevedra, das previsións do grupo municipal de goberno do Concello de A Guarda, na praia de O Forte (Camposancos)

 Antonio Lomba tamén quixo mostrar tanto o técnico de Costas, Antonio Iglesias, coma a xefa en Pontevedra, Cristina Paz, o entorno da praia do Muíño e presentáralles o proxecto que está pendente do finanzamento da Xunta de Galicia.


 O proxecto para este entorno ten recollido a realización dunha rotonda para a ordenación do tráfico e a recuperación da fachada da praia como unha zona de esparcemento.

 Tanto o alcalde guardés, coma a responsable de Costas, mostráronse moi satisfeitos pola visita e acordaron estar en contacto para facer real o proxecto do entorno da Lamiña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario