HOXE CELÉBRASE O ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO XXIX CERTAME DE POESÍA FELICIANO ROLÁN
O evento poético musical terá lugar no Centro Cultural e Social de A Guarda
Infogauda / A Guarda
Hoxe,
martes día 4 de agosto, celébrase no Centro Cultural e Social de A Guarda o acto de entregas de premios do XXIX Certame de
Poesía Feliciano Rolán.
Nesta
nova edición, que comezará ás 21:30 horas, os galardoados son, Rocío Leira, de
Cee polo seu poema “O último camiño ata nós”; Isaura Lago, veciña de Redondela
por “Na noite dos teus ollos” e Eumelia Sanz, de Valladolid, por “Coloquio
Sereno”.
Ademais
estará presente Alfonso Sergio Barragán, gaditano, que presentará o seu poema
“Mentira es nuestro nombre cuando soñamos”.
No
evento se contará coa actuación especial do conxunto de clarinetes
“Tetramorph”.
Este
certame está organizado pola Agrupación Cultural Guardesa, co patrocinio do
Concello de A Guarda e subvencionado pola Comisión de Festas do Monte Santa Trega.
A
entrada é de balde e está aberta a todo o público.
Ningún comentario:
Publicar un comentario