5 de ago. de 2015

A GUARDA

ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO PRIMEIRO TORNEO DE BALONCESTO DE VERÁN 3X3 “VILA DA GUARDA”


O evento terá lugar o sábado, día 22 de agosto, no espazo deportivo do Centro Cultural e Social



Presentación do Primeiro Torneo de Baloncesto de Verán 3X3 "Vila da Guarda" 
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda


 O sábado, día 22 de agosto, celébrase, no espazo deportivo do Centro Cultural e Social, o I Torneo de Baloncesto de Verán 3X3 “Vila da Guarda”.

 Todas aquelas persoas, e equipos, interesados en participar neste campionato poden facer efectiva a súa inscrición a través da páxina Reunalia  ou accedendo o blog do Concello  onde tamén está o enlace.

 A inscrición é simbólica xa que, todos aqueles que participen deberán aportar algún alimento que se depositará no banco de alimentos do Concello para posteriormente repartilos entre aquelas familias que máis o precisen.

 Ademais do torneo, que se xogará tanto pola mañá como pola tarde nas canchas no centro cultural, tamén haberá música a cargo de “Dj Set”, diferentes postos de artesanía e agasallos e sorteos tanto para os participantes no torneo coma para o público asistente.

 Este evento está organizado pola Concellería de Deporte de A Guarda coa colaboración de máis dunha vintena de establecementos entre os que se atopan bares e diferentes tendas guardesas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario