29 de ago. de 2015

A GUARDA

O PP de A Guarda esixe máis vixianza e control dos botellóns e da venda de alcol a menores  

Denuncian as molestias que o ruído e o lixo provocan nos veciños, sobre todo na Alameda e arredores  

Conchi Ortega Martínez, portavoz do grupo Municipal do Partido Popular no Concello de A Guarda


Infogauda / A Guarda

 O Partido Popular de A Guarda presentou unha moción para debater no próximo pleno municipal "sobre os prexuízos que os botellóns provocan nos veciños, así como da venda de alcol a menores". "A proposta popular - dixo Conchi Ortega Martínez, portavoz do Grupo municipal do PP no Concello de A Guarda - é que o resto de partidos apoien un acordo para elaborar unha ordenanza que sancione tanto ás persoas que molestan e deixan lixo nos portais dos edificios, como ás que venden e subministran bebidas alcólicas a menores. Asemade, tamén esixen desde o PP local que se cree un sistema de vixianza nocturna, a través dos axentes de policía, que permita reducir estes problemas".   

 O PP de A Guarda denuncia que "os “minibotellóns” nocturnos que se celebran nos portais de entrada de edificios e garaxes son unha molestia para a veciñanza polo ruído, pero tamén polo resto de lixo que deixan no chan. Recordan que este problema xa foi denunciado en reiteradas ocasión polos veciños da Alameda e dos arredores".   

 A súa proposta pasa, polo tanto, "por crear unha patrulla de policía de apoio para as noites do sábado e as vésperas de festivos, mentres que no verán debería incrementarse as frecuencias. Entenden que esta medida presencial debe ser para axudar e dar apoios en caso de alteracións da orde pública, nunca con actitude de represión".  

 A portavoz Conchi Ortega entende que "os corpos de seguridade do estado deben defender os intereses da cidadanía, e velar pola súa seguridade e que os cidadáns teñen dereito a facer uso da súa liberdade, sempre respectando a dos seus semellantes, e desenvolver as actividades de lecer (nocturnas neste caso) con harmonía e civismo, nunca molestando os veciños e moito menos caendo en actos vandálicos que este verán vivimos na Guarda".

Ningún comentario:

Publicar un comentario