29 de ago. de 2015

OIA

O GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA NO CONCELLO DE OIA TEN OUTRAS PRIORIDADES PARA O CEIP DE REFOXOS


Vista parcial do CEIP de Refoxos (Oia)
Así están os accesos o CEIP de Refoxos (Oia)
Aspecto que presenta á pista polideportiva do C.E.I.P. de Refoxos (Oia)
Fotos: Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de Oia


Infogauda / Oia

O Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de Oia, ven de presentar no rexistro de entradas do concello á seguinte comunicación:


ACCESOS DO COLEXIO DE REFOXOS 

   A través do DECRETO 2015/0332 de data do 14.08.2015, e Expediente 142/2015, a Sra. Alcaldesa, ven de aprobar a Memoria valorada da obra de “Acondicionamento pista polideportiva e pavimentado esterior do Colexio Mestre Manuel García e do Acondicionamento da pista polideportiva do C.E.I.P. de Refoxos".

 Unha visita levada a cabo por Luis Giráldez Figueiró, José Manuel Romero Martínez e Ángel Portela Rodríguez, componentes do Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de Oia a ditas instalacións, cuias obras foron presupuestadas na anterior lexislatura do Goberno do PP, nos leva a conclusión de que, tanto monta, monta tanto, xa que ainda que consideramos de necesidade a realización de ditas obras, chegamos a conclusión, se non será máis necesario o arranxo da entrada as instalacións de dito centro educativo, donde por certo, varios/as veciños/as se nos queixaron dos malos olores que despedían os contenedores alí instalados, e donde o levantar a tapa, poidemos comprobar como non se fai ningún seguimento do alí depositado, xa que había materiais a repartir en “distintos colores” o que ocasionaba a protestas de varias persoas e que o día seguinte ían a manifestarlle o séu malestar o Concelleiro de Medio Ambiente, para que tomara cartas no “asunto” e tivera máis actuación e menos “palabrería”, pois os “discursos” son bós, pero mellor son as obras.

 As imaxes, son un fiel testigo do que vimos de manifestar, xa que o acceso o colexio, é un perigo para nenos/as e familiares que acuden a ditas instalacións, pois a grava e o alquitrán, están máis que desaparecidos e mayoritariamente despegados ía deste espacio, polo que a situación será máis grave ca chegada das chuivas e inclemencias do tempo pola invernía.

 Tamén queremos deixar claro, que está é unha das moitas obras “electorais” do Goberno do Leandro, xa que foi adjudicada sin cumplir con ningún dos procedementos que establece a Lei, e nos obriga a levar a cabo no Pleno de Agosto unha Modificación de Crédito para poder pagala o séu remate, e non castigar o constructor, pasándoa a Recoñecemento Extra-Presupostarío a partir de Xaneiro/2016 e provocar unha posible sanción por parte do Ministerio de Facenda por pagar fora dos plazos que establece a legislación actual.                                                                                                                                                                                                                                        
Oia, a 28 de Agosto do 2.015      


Luis Giraldez Figueiró, José Manuel Romero Martínez,  Angel Portela Rodríguez, Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de Oia.


Sra. Alcaldesa
Sra. Secretaria
Concello de Oia

Ningún comentario:

Publicar un comentario