29 de ago. de 2015

A GUARDA

FIN DE SEMANA DEPORTIVA NA GUARDA



 Esta fin de semana a vila de A Guarda prepárase para participar en dúas actividades deportivas moi diferentes. 

Mentres uns veciños da localidade e turistas gozarán do VIII Torneo de Volei Praia, moitos outros desfrutarán do Open de Escalada.  


 A primeira das actividades, o VIII Torneo de Volei Praia, xogarase tanto este sábado día 29, coma o domingo 30, pola mañá e pola tarde, na Praia da Lamiña. Na mañá do sábado os equipos mixtos, femininos e masculinos comezarán a competición que terminará ó día seguinte pola tarde, data na que terá lugar a final.  

 Esta actividade, organizada polo Concello de A Guarda, ten inscrición gratuíta, pero cada un dos participantes entregarán de forma simbólica algún produto para o Banco de Alimentos Municipal.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario