23 de xul. de 2015

OURENSE

Manuel Baltar e o presidente do COB asinan o convenio para a ampliar ata 2070 o uso do Pazo "Paco Paz"


Infogauda / Ourense

 Minutos despois de ser aprobada polo pleno da corporación provincial a modificación do convenio co Club Ourense Baloncesto (COB) para o uso do Pazo dos Deportes "Paco Paz" -acordo que amplía cincuenta anos máis a utilización destas instalacións deportivas, estendendo a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2070-, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente do Consello de Administración do COB, Antonio Gavilanes, asinaron o dito convenio de colaboración, no que se explicita que con data do 29 de novembro de 2010 a Deputación e o COB subscribiron un convenio de colaboración para o uso das instalacións do "Paco Paz" por un período de 10 anos, vixente ata o 31 de decembro de 2020. Tras acadar o ascenso á Liga ACB por méritos deportivos o club solicitou a ampliación da vixencia do citado convenio por un prazo de 50 anos, ata o 31 de decembro de 2070, ampliación que foi autorizada hoxe polo pleno da Deputación de Ourense.

 Desta maneira, Manuel Baltar e Antonio Gavilanes subscribiron hoxe a adenda ao convenio de colaboración do 29 de novembro de 2010, na que se establece que o período de vixencia do convenio sexa por un prazo de 60 anos, contados a partir do 1 de xaneiro de 2011 e ata o 31 de decembro de 2070.

Ningún comentario:

Publicar un comentario