O PRESENTADOR PACO LODEIRO SERÁ O ENCARGADO DE CONDUCIR A REVISTA ORAL
Súa intervención está incluída dentro da programación da V MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS
Infogauda / A Guarda
O
venres, día 24 de xullo, comeza na localidade da Guarda a “V Mostra das
Tradicións Mariñeiras” organizada pola Asociación de Redeiras Atalaia e o
Concello.
Este
evento, que nesta edición está adicado ó traballo e a profesión dos gameleiros,
presenta unha programación moi variada e aberta a todos os públicos.
Un dos maiores reclamos da mostra é a “Revista Oral” que terá lugar mañá ás 21 horas na carpa situada no Porto. Esta historia contada sobre ó traballo do mar e as persoas que traballan nel ou para el, terá como condutor ó presentador e humorista, recoñecido polos seus programas na TVG, Paco Lodeiro.
Paco Lodeiro, presentador da TVG conducirá a "Revista Oral".
Neste
acto haberá moitos invitados, entre os que se distinguirán por exemplo,
representantes das redeiras, que falarán do traballo adicado ó mar dende a
terra, Manuel Álvarez, fotógrafo do libro “Gameleiros”, no se que se retratan a
guardeses que traballan no mar, algún dos gameleiros presentes nese exemplar,
tamén mariñeiros da localidade e Brito, quen intervirá para falar da “maseira
ancorense”, unha embarcación similar á gamela.
Neste
primeiro día, dende ás 18:00 horas, xa
estarán abertas todas as exposicións presentes no evento. Así, tanto os veciños de A Guarda como os múltiples visitantes que pasean polo municipio
estes días, poderán descubrir a historia do traxe mariñeiro na nave das
redeiras, as fotografías de Manuel Álvarez da súa colección “Gameleiros” ou as
de Aurora Rego, que conforman a “Familia de pescadores de ascendencia galega”, expostas
na carpa do Porto.
Ademais
haberá unha exposición de embarcacións tradicionais nas que destacarán a gamela
adaptada guardesa e a masseira ancorense. Tamén estará a mostra permanente no
Museo do Mar e as exposicións na nave das redeiras das asociacións ANABAM ou
CEMMA.
Durante
esta primeira xornada, quen o desexe, poderá participar nos obradoiros de
cerámica, cestería, nós, cordería ou encascado, que se ofrecerán na carpa,
degustar diferentes produtos na taberna mariñeira ou en diferentes restaurantes
do Porto.
Tanto
o sábado coma o domingo, se ofrecerán na carpa diferentes xogos populares
organizados por ALTEGA Educación e Lecer e haberá un mercado mariñeiro
O
sábado, ademais das actividades que continúan durante toda a fin de semana,
haberá, pola tarde un obradoiro de foguetes de auga. Pola noite, ás 22,30
horas, comezará o “Serán Mariñeiro” no que participarán varios grupos de
folclore.
O
domingo, a V Mostra das Tradicións Mariñeiras, pechará co obradoiro de cociña
“Ponlle as pilas ó teu bocata”, que comezará ás 19 horas e está dirixido a
rapaces de entre 4 e 14 anos, e coa actuación do grupo “Pelepau”, que dará
comezo ás 21 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario