RECANTO DA ARTE
CHARO TRIGO VICENTE EXPÓN EN CAMINHA (PORTUGAL)
A pintora guardesa amosa ata o día 6 de agosto, súa obra máis recente na Galería de Arte Caminhense
"Através da janela", de Charo Trigo
Ricardo Rodríguez Vicente / Caminha
A relación entre os cidadáns dos pobos veciños de A Guarda e Caminha, e viceversa, remóntanse a varios milenios. Podemos decir, con toda certeza, que desde moito antes da Prehistoria, xa existían vencellos entre caminhenses e guardeses. Relación que non sempre foi doada, por moitos e diversos motivos, cáseque sempre alleos os própios veciños de Caminha e de A Guarda. Imperativos de tipo burocrático, puxeron atrancos a circulación das persoas - e por suposto, ás mercadorías -, de unha a outra ribeira do Río Miño. Con todo, Caminha e A Guarda sempre foron como dúas irmáns que viviron xunguidas polo Pai dos ríos galegos.
Superadas ás dificultades de outrora, Caminha e A Guarda, son como unha prolongación de Portugal e de Galicia. Nin os caminhenses son extranxeiros en Galicia, nin os galegos en Portugal.
E proba do que decimos é á presenza, unha vez máis, da artista Charo Trigo Vicente, de A Guarda, que ata o vindeiro día 6 de agosto amosa súa obra máis recente na Galería de Arte Caminhense.
"Festa rachada", de Charo Trigo
Charo Trigo é unha pintora que ten participado en numerosas exposicions colectivas, sobor de todo co Grupo Impás, e que conta tamén no seu currículo, con varias exposicions individuais.
A obra desta pintora é colorista, ainda que sen estridencias, e súa contemplación convídanos o disfroite das esceas que como fiestras abertas, nos amosa á artista. Interiores, figuras na praia, frores, paisaxes,..., acostuman á ser ás temáticas preferidas desta pintora, que en ocasions descóbremos súa predilección polo cubismo, e en outras, un certo inxenuismo, que en todo caso, resulta moi grato e relaxante.
"Caminho de Goián", de Charo Trigo
Charo Trigo Vicente é unha muller con vocación creativa, que ademáis de atender a súa familia e mesmo á actividade do establecemento comercial que posúen no centro da vila de A Guarda, saca tempo do seu pouco tempo, e adícao á Arte. Hai nela compromiso e labor continuada. E os resultados son fermosos, porque súas obras foron xestadas con amor, sen improvisacions. A exposición que presenta estes días na Galería de Arte Caminhense acreditan o que decimos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario