O Concello da Guarda recibe ós oito alumnos do IES A Sangriña gañadores do Rally Científico Matemático celebrado en Toulouse
O alcalde da Guarda e a Concelleira de Educación, en representación do Concello de A Guarda, felicitaron os alumnos gañadores do Rally Científico Matemático - Fotos: Concello A Guarda
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, xunto a concelleira de Cultura, Educación e Xuventude, Elena Baz Rodríguez, recibiron na mañá do venres día 3 de xullo, no Salón de Plenos do Concello, ós oito alumnos do IES A Sangriña que resultaron gañadores no Rally Científico Matemático celebrado en Touluse. Os nenos e nenas de entre 12 e 13 anos, acompañados polas súas familias e por Carmen López, en representación do departamento de matemáticas do instituto, e o equipo directivo do mesmo, recibiron a noraboa por parte do Concello.
Alumnos, familiares deles e profesores do IES A Sangriña, escoitan con atención ás verbas dos munícipes
Antonio Lomba, felicitou tanto os rapaces e rapazas polo seu primeiro posto no certame, coma o departamento que os acompañou nesta aventura. “Quero darvos a noraboa e recoñecer a labor de representación da nosa vila nas probas que pasástedes, tanto en Santiago, como, por suposto en Touluse”, dixo o alcalde. Ademais, Lomba, mestre de profesión, bromeu con eles avisándolles de que tras este éxito xa non poden baixar o nivel nas súas notas.
Elena Baz Rodríguez facendo entrega dos agasallos os campions do Rally Científico Matemático
Carmen López, non dudou en felicitar ós rapaces e falar da ilusión posta polos nenos e nenas neste certame. Ademais quixo agradecer a axuda tanto do Concello como do veciños e veciñas da Guarda, para poder facer posible este certame.
Foto de "familia" o remate da recepción no Salón de Plenos do Concello
Logo das devanditas intervencions, tanto Antonio Lomba coma Elena Baz fixeron entrega de diferentes agasallos ós alumnos e tamén ó instituto. Iago Álvarez, Álex Fernández, Nahir Álvarez, Sarai Alfonso, Yoel Cardoso, Valeria Baz, Nayara Diego e Lucía Lorenzo, leváronse consigo o recoñecemento do Concello, así como un libro de fotografía, outro de manualidades, postais, e un chaveiro. Carmen López, en representación do instituto, recolleu un agasallo conmemorativo que representa a Fortaleza de Santa Cruz e tamén varios lotes de libros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario