O BNG-AA de Tui avanza na negociación dun programa común de goberno para o Concello
En aras á transparencia coa que o BNG-AA de Tui quer levar o proceso de diálogo aberto tras o 24M, facemos saber á opinión pública que no dia de onte, 1 de xuño, mantivemos unha reunión con representantes do PSdeG-PSOE de Tui, onde se avanzou na negociación dun programa común de goberno para o Concello, sen que se entrase a debater en ningún momento reparto de responsabilidades ou áreas de goberno.
Na próxima semana está prevista unha nova reunión entre ambas delegacións, da que daremos cumprida conta unha vez realizada.

Ningún comentario:
Publicar un comentario