12 de xuño de 2015

PONTEVEDRA

ADXUDICADOS OS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA-EDUCATIVA E DE SUBMINISTRO DE ALIMENTOS  DOS CAMPAMENTOS DE VERÁN DE A LANZADA

·  Golfiño Xestión de Ocio, Distribuciones Froiz SA, Miguel Ángel Valentín e Andrés Fernández Pereira son as empresas que presentaron as mellores propostas.
i
 Infogauda / Pontevedra

 A Deputación de Pontevedra aprobou onte venres 12 de xuño, a adxudicación dos servizos de asistencia técnica educativa e de subministro  de productos alimenticios para os campamentos de verán 2015 do centro de vacacións de A Lanzada. 

 A xunta de goberno acordou asignar á empresa Golfiño Xestión de Ocio S.L a xestión do servizo de asistencia técnica educativa dos campamentos de verán por  117.578€. 

 Organizados en 11 quendas, estes campamentos desenvolveranse do 21 de xuño ao 15 de setembro con 2.200 prazas dispoñibles que xa foron adxudicadas o pasado mes de maio,
Subminstro de productos alimenticios
 Asimesmo, o organismo provincial tamén aprobou  na súa reunión semanal aprobou a relación de empresas concesionarias da contratación de productos alimenticios. Adxudicación que, en aras aos resultados obtidos no procedemento aberto realizado para a concesión deste servizo, se realizou  por lotes.

 Distribuciones Froiz S.L foi a empresa que presentou a mellor oferta para o subministro de productos de almacén e despensa, lácteos e conxelados por importe 43.776€. A compañía pontevedresa tamén resultou ser a adxudicataria do lote relativo ao abastecemento  de froitas e verduras  ao centro de vacacións de A Lanzada por 8.425 euros.

 O empresario Miguel Ángel Valentín Portasany farase cargo do subministro de productos cárnicos por un importe de 21.016 € e a empresa Andrés Fernández Pereira do aprovisionamento dos productos de panadería cuxa contratación ascende a 5.724 euros. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario