2 de xuño de 2015

MOVEMENTOS SOCIAIS

CONCENTRACIÓN DE AFECTADOS POLAS PREFERENTES E SUBORDINADAS

Será este mércores, día 3 de xuño, ás 09:30 horas, diante do Xulgado Contencioso Administrativo de Pontevedra


Avelino Guisande Misa e Domitila Vicente Franco, xunto a outras persoas afectadas polas preferentes e subordinadas, nunha concentración diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra - Foto: José Luis García Portela


Plataforma de afectados polas preferentes do Baixo Miño

 Dende a plataforma de afectados polas preferentes do Baixo Miño informamos:  

 Membros de Plataformas de afectados por preferentes e subordinadas de Galiza participarán na concentración que se celebrará este mércores día 3 de xuño ás 09:30 h., diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, coincidindo co xuízo de nove preferentistas do Baixo Miño  sancionados inxustamente por participar en actos pacíficos de protesta. 

 Así pois, facemos un chamamento á tódolos colectivos, organizacións políticas, movementos sociais, sindicatos, e á sociedade en xeral, a amosar a súa indignación e apoio ante tales feitos aberrantes para que se unan á concentración convocada  diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra. Coincidindo así cos xuízos de:

 Avelino Guisande Misa: Expediente 6111/2013 (Subdelegación do Goberno), 30/09/2015, sesión plenaria do Concello do Porriño.   

 Esta e outras persoas, tamén de outras Plataformas, foron represaliadas polas distintas administracións públicas gobernadas polo PP, mediante as multas e sancións administrativas que se lles impuxeron inxustamente a preferentistas por participar en actos pacíficos de protesta. O importe total desas multas en Galiza ronda os 20.000 euros e esiximos a súa retirada. 

 Para que isto non volte a acontecer, a Plataforma do Baixo Miño fai un chamamento a participar nesta nova movilización en solidariedade cos sancionados por defender os aforros dos galegos, e condenar con eles/as a represión que seguen a sofrir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario