123 ALUMNOS DE 18 CENTROS DE F.P. FARÁN PRÁCTICAS REMUNERADAS DURANTE 6
MESES EN EMPRESAS EUROPEAS GRACIAS A UN PROXECTO DA DEPUTACIÓN
·
Pertencen
a Institutos de Secundaria de Formación
Profesional de Vigo (6), Pontevedra (3) e Marín, Cambados, Sanxenxo,
Moaña, Silleda, Vila de Cruces, Ponteareas, Salvaterra e Tomiño (1)
·
O
proxecto da Deputación, denominado "Practicum" foi subvencionado con 1
millón de € pola Comisión Europea
·
Os
alumnos iniciarán as súas prácticas nos primeiros meses do vindeiro curso
académico
Infogauda / Pontevedra
Un total de 123 alumnos de 18
centros de Formación Profesional da provincia de Pontevedra poderán
desarrollar, durante 6 meses, prácticas remuneradas da súa especialidade en
empresas e institucións europeas gracias a un proxecto da Deputación de
Pontevedra, denominado "Practicum", para o que a Comisión Europea aportou
un millón de euros. As prácticas dos alumnos comenzarán nos primeiros meses do
vindeiro curso, según explicou hoxe en rolda de prensa o presidente da
Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.
O programa, denominado
PracticumDepo 2015, está orientado a completar a formación dos xoves, a
mellorar o seu dominio dos idiomas e a ampliar as súas posibilidades de inserción
laboral.
As bolsas Erasmus+, que a
Deputación de Pontevedra solicitou ao Organismo Autónomo de Programas
Educativos Europeos para o 2015, van destinadas a mozos e mozas recén titulados
en ciclos medios de FP.
Un total de 18 centros de FP da provincia se
sumaron a este proxecto para enviar a Europa a un total de 123 alumnos que realizarán prácticas de 6 meses
en empresas privadas ou organismos públicos de diferentes países europeos,
preferentemente de fala inglesa. Os bolseiros
estarán nos seus destinos en agosto ou setembro ou, en todo caso, nos primeiros
meses do vindeiro curso académico.
Os 18 centros participantes no proxecto son:
·
6
de Vigo: IES A Guía; Ricardo Mella; Centro de Artes
Plásticas e Deseño Atlántico; Chapela; Politécnico; e Centro de Formación
Divino Maestro.
·
3
de Pontevedra: Centro de Formación e Experimentación
Agroforestal de Lourizán; IES A Xunqueira I; e IES Montecelo.
·
1 de Ponteareas (A Granxa); Vila de Cruces (IES Marco do Camballón); Silleda
(IES Pintor Colmeiro); Salvaterra do Miño (IES Salvaterra de
Miño); Cambados, IES Francisco
Asorey; Tomiño, IES de Tomiño; Marín: IES Chan do Monte; Sanxenxo,
IES de Vilalonga; e Moaña, IES A
Paralaia.
As prácticas dos alumnos ben remuneradas e de
gran calidade pois os alumnos irán a países nos que hai mellores posibilidades
de formación e práctica en cada unha das especialidades que oferten.
Louzán afirmou que a Deputación de Pontevedra sigue
avanzando na promoción do emprego e na mellora das oportunidades laborais para os
xoves e citou como exemplos xa en curso "os plans de emprego para parados; os
de práctica Laboral para universitarios, ciclos superiores e persoas con
discapacidade; e agora,ademáis doutros, titulados de ciclos medios para que
poidan reforzar a súa formación, aproveitar o seu talento e ter un mellor
futuro laboral".
Ningún comentario:
Publicar un comentario