19 de xuño de 2015

DEPORTES

HOCKEY LIÑA

A GUARDA HOCKEY LIÑA PARTICIPA NO VII TORNEO ARDE LUCUS

Terá lugar os días 20 e 21 de xuño no Polideportivo Municipal Piringalla - Daniel Cordido Castro, de Lugo


A Guarda Hockey Liña

 Concluidas as Ligas Galegas de hockey liña, o clube local A Guarda Hockey Liña participará esta fin de seman no tradicional Torneo das Festas do Arde Lvcvs. Este torneo, organizado polo clube local Lóstregos HL, é xa todo un clásico con renome nacional. 

 O equipo guardés despois dos excelentes resultados acadados nas Ligas Rexionais afronta este reto con un equipo sen algún dos seus xogadores mais veteranos, pero reforzados con xogadores da categoría infantil no que de seguro será unha fin de seman chea de emocións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario