2 de xuño de 2015

DEPORTES

HOCKEY LIÑA

BOAS SENSACIONS AINDA QUE SEN PUNTUAR


A GUARDA HOCKEY LIÑA

 Boas sensacións a pesares dos resultados negativos para os infantís e as féminas de A Guarda Hockey Liña a pasada fin de semana en Lugo. Ámbolos equipos demostraron unha importante melloría no xogo, ainda que non foron quen de traer puntos para A Guarda.  

 Os infantís perderon contra o Lóstregos de Lugo por un abultado 1-11 en un partido dominado de principio a fin polos lucenses, quen con un equipo más rodado non deron opción ‪os noso‬. No segundo partido os pequenos da Guarda enfrontáronse ó Meigas de Lugo: foi un partido mais igualado no que os lucenses adiantáronse no marcador nos últimos minutos do primeiro tempo.  

 O equipo feminino enfrontábase a Alquimia InLine e soubo plantarlle fronte, ainda que non foi quen de marcar, en boa medida pola grande actuación da súa porteira María. O resultado final foi de 0-4 para as coruñesas a pesares do excelente xogo das da Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario