2 de maio de 2015

SALCIDOS (A GUARDA)

A COMUNIDADE DE MONTES MÁN COMÚN DE SALCIDOS DENUNCIA O USO INDEBIDO DOS TABOLEIROS DE ANUNCIOS 

Así estaba un dos taboleiros de anuncios da Comunidade de Montes en Man Comun de Salcidos, no que un cartel de unha formación política que concorre ás Eleccions Municipais no Concello de A Guarda, fai "un uso indebido" do devandito soporte - Fotografías: C.MM.M.C. Salcidos

Infogauda / Salcidos

 A traverso de un comunicado de prensa suscrito por Eloi Gómez Mariño, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Parroquia de Salcidos se informa do seguinto feito:

"Ainda non escomenzou a campaña para ás Eleccions Municipais/2015, e dende a Xunta Rectora temos que dirixirnos o público en xeral e aos partidos políticos en particular, para que non instalen publicidade nos expositores ubicados en distintos lugares de Salcidos, xa que os mesmos son principalmente para manter informados os/as comuneiros e veciños/as da nosa parroquia, sobre as ofertas laborais, recollida de leña, e actas da Xunta Rectora e de Asembleas Xerais, tanto Extraordinarias como Ordinarias, que se están celebrando a fin de por en funcionamento na mellor dirección a esta Comunidade de Montes".

Pormenor do taboleiro de anuncios da Comunidade de Montes en Man Comun de Salcidos, ocupado parcialmente por un cartel dunha formación política

 Polo que dado os acontecementos que se presentaron nestes días donde ditos taboleiros apareceron tapados por propaganda de Iniciativa Veciñal, a través dos distintos medios de comunicación con influencia na nosa localidade, vimos a solicitarlle os partidos políticos, asociacións e empresas, para que sin previa autorización por escrito desta Xunta Rectora, se absteñan de ocupar as vidreiras informativas que son propiedade da Comunidade de Montes como medio informativo para comuneros/as e veciños/as".

Ningún comentario:

Publicar un comentario