2 de maio de 2015

OIA

CONVERXENCIA GALEGA NOTIFÍCALLE O CONCELLO DE OIA "A SITUACIÓN DE ABANDONO DA PONTE DA LAVANDEIRA"

José Manuel Romero: "(...) esa Ponte da Lavandeira está situada nun dos accesos máis usados para chegar a zona do Porto e o Mosteiro de Oia (...)"

                                                   José Manuel Romero Martínez “ROMERO”

Infogauda / Oia

 José Manuel Romero Martínez “ROMERO”, Responsable Local de Converxencia Galega en Oia, ben de comunicar o Concello de Oia, que "(...) entre os distintos e diversos comentarios e queixas que nos transmiten persoas do noso pobo, está a solicitude de que denunciemos o estado de abandono no que se atopa a Ponte da Lavandeira". 

 "Desde a Agrupación de Converxencia Galega de Oia, procedemos a correspondente verificación e poidemos comprobar que as queixas recibidas son certas", afirma José Manuel Romero Martínez

 Romero Martínez indica que "a Ponte da Lavandeira sita na Estrada Vella, na baixada o Mosteiro de Oia, presenta un estado moi avanzado de deterioro provocado por causa do abandono o que está sometido e pola falla de mantemento continuado e prolongado no tempo. Alí pudemos comprobar como unha boa cantidade de pedras caídas no río, a ausencia de petril, que é todo un risco para a seguridade de peóns, viandantes, conductores,..., destacando que debemos sinalar que esa Ponte da Lavandeira está situada nun dos accesos máis usados para chegar a zona do Porto e o Mosteiro de Oia.

 Dende Converxencia Galega de Oia, vimos a solicitar do Grupo de des-Goberno Municipal encabezado polo Sr. Leandro, tomen as medidas pertinentes para que dende as distintas instancias administrativas da Deputación e da Xunta de Galicia, se proceda a levar a cabo as obras necesarias para a limpeza, arranxo e mantemento do Ponte da Lavandeira, e deste xeito evitar situacións de perigosidade que na actualidade se atopan as persoas que transcorren polo lugar, e tamén para que quenes nos visitan, atopen en bó estado este importante acceso o Mosteiro de Oia".

Ningún comentario:

Publicar un comentario