Soraya Sáenz de Santamaría pecha a campaña na provincia de Pontevedra
·
O Partido Popular ten
previsto a celebración de máis de 30 actos por toda a provincia
A vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría
Infogauda / Pontevedra
A vicepresidenta do Goberno,
Soraya Sáenz de Santamaría, pechará este venres a campaña electoral do Partido Popular
na provincia de Pontevedra en dous actos que se celebrarán en Vigo e Moaña.
Ás 18.00 horas participará nun mitin en Vigo xunto co
presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a ministra de Fomento, Ana
Pastor, e a candidata do PP en Vigo, Elena Muñoz. Máis tarde, ás 20.00 horas,
estará en Moaña xunto co presidente provincial, Rafael Louzán e o candidato do
PP á alcaldía, José Fervenza.
O Partido Popular ten previsto hoxe a celebración de máis
de 30 mítins de peche por toda a provincia como o último esforzo e impulso
antes da celebración das eleccións municipais do próximo domingo.
Ademais de Soraya Saénz de Santamaría, Alberto Núñez
Feijoo, Ana Pastor ou o presidente provincial, Rafael Louzán, participarán tamén
en diferentes puntos da provincia o secretario xeral do PP de Galicia, Alfonso
Rueda, e outros cargos e dirixentes do partido como conselleiros e deputados.

Ningún comentario:
Publicar un comentario