30 de maio de 2015

DEPORTES

O CLUB SAN XEROME EMILIANI ACADOU UNS RESULTADOS MOI BOS NO CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO

O San Xerome Emiliani presentouse cun equipo de doce atletas que acadaron podium e colleitaron 13 medallas

Atletas do Club Polideportivo San Xerome Emiliani

Daniel Lomba Alonso 
Coordinador Club Polideportivo San Xerome Emiliani / A Guarda

 O pasado mércores día 27 de maio, disputouse nas instalacións de Fontecarmoa, en Vilagarcía de Arousa o Campionato Galego de Atletismo.

 O Club San Xerome Emiliani presentábase cun equipo de doce atletas. Unha ampla participación que cubría boa parte das categorías e disciplinas individuais, e con dous equipos de relevos 4x100, masculino e feminino. Os resultados acadados polos nosos atletas foron moi bos, cun total de 13 medallas, todos eles acadaron algún podium na competición. 

 Dende o Club queremos dar a noraboa a atletas, adestradores, monitores e voluntarios. A tempada é moi longa, e sabemos que todos eles traballaron moito e moi duro, un premio máis que merecido.

 Case que sen tempo para descansar e desfrutar dos bos resultados, partimos a Santander onde os días 29 e 30 se disputará o Campionato de España. Agardando que disfruten moito na competición e que alcancen os obxectivos fixados, informarémosvos dos resultados.

 MEDALLEIRO SAN XEROME  
- Borja Cadilla Lomba: COM+15M Ouro en 1500 m.   
- Celia López Camacho: XOGO+15F Ouro en 60 m lisos e Bronce en 4x100m.   
- Miguel Angel Bello Brito: ADP+15M Prata en 4x100 lisos.  
- Jennifer Alvarez González: ADP+15F Bronce en 4x100m.   
- Andrea Piña García: ADP+15F Bronce en 4x100m.  
- María Fernanda García Orduña: COM+15F Bronce en Peso.   - Fabio Martínez Otero: COM+15M Prata en Xavelina e Bronce en Peso Prata en 4x100 lisos.   
- María Teresa Rodríguez Barros: ADP+15F Prata en 150 m lisos e Bronce en Lonxitude.  
- Lourdes Fernández Núñez: XOGO+15F Prata en 60 m lisos.
- Maite Santos Fernández: COM+15F Prata en 400 m lisos e Bronce 800 m lisos Bronce en 4x100m.   
- Óscar Moure Rodríguez: COM+15M Prata en 4x100 lisos. 
- Luis Antonio Sandez García: COM+15M Prata en 800 m lisos e Prata en 4x100 lisos.

GALERÍA DE IMAXES

Ningún comentario:

Publicar un comentario