8 de maio de 2015

A GUARDA

Inicio de campaña do BNG na Guarda  

Ángel Baz, - primeiro pola dereita - xunto con varios compoñentes da candidatura do BNG - AA, na sede social da formación nacionalista, nos intres previos o comezo da campaña electoral

 Infogauda / A Guarda

 O BNG-AA iniciou na madrugada do venres día 8 de maio, a súa campaña electoral coa tradicional pegada de carteis. 

Os cartazes do BNG-AA levan á imaxe de Ángel Baz., candidato á Alcaldía de A Guarda, e o lema: A Guarda. Depende de Nós

 O candidato da formación nacionalista Ángel Baz acompañado por boa parte da candidatura asegurou iniciar a súa primeira campaña electoral coa ilusión de quen se dispón a traballar polo seu concello. “Temos un gran equipo, as ideas claras e o compromiso de transformar a Guarda no concello que todos e todas desexamos” asegurou.   

Varios membros da candidatura do BNG-AA na Rúa do Porto

 O BNG-AA continuará a campaña con diversos actos en todo o concello. “Pretendemos escoitar a toda a Guarda e explicar as nosas propostas en todos os recunchos da localidade” afirmou o candidato nacionalista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario