Conchi Ortega (candidata á Alcaldía polo Partido Popular): "O noso lema A Guarda somos todos, é una maneira de recalcar que os todos os guardeses son importantes (...)"
Conchi Ortega e Purificación Álvarez encolando o primeiro cartaz da campaña
Infogauda / A Guarda
A pasada noite, os Populares de A Guarda procederon, xunto cos demáis grupos políticos, á tradicional "pegada de carteis" que da a campanada de saída da campaña. Os candidatos e militantes do Partido Popular foron respetuosos coa porcentaxe da superficie asignada pola lei.
Na imaxe algúns dos candidatos do Partido Popular de A Guarda que participaron no arranque da campaña electoral
Nun ambiente de entusiasmo e ilusión, Conchi Ortega daba así comenzo a "unha campaña austera en propaganda, pero non en ideas", segundo asegurou.
Asemade, a cándidata á Alcaldía de A Guarda, polo Partido Popular declarou: "O noso lema A Guarda somos todos, é una maneira de recalcar que os todos os guardeses son importantes: os de terra, os que están lexos das súas familias traballando no mar, e en xeral os que lles afecte os asuntos municipais. A Guarda somos todos, e non só a maioría, porque as minorías tamén teñen dereitos coma calquera cidadán".



Ningún comentario:
Publicar un comentario