ESTEBAN GONZÁLEZ, CANDIDATO DO PARTIDO POPULAR Á ALCALDÍA DE TOMIÑO, TRASLADA Á CONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS AS DEMANDAS DA CIDADANÍA
A Vía de Alta Capacidade, a rotonda de Figueiró ou o Parque Empresarial de Tomiño como infraestruturas vertebradoras
Infogauda / Tomiño
Esteban González Miranda, candidato do Partido Popular á Alcaldía de Tomiño; Paula Romeu Cruz, portavoz municipal do PP no Concello de Tomiño e Jaime Fernández Vicente, foron recibidos na mañá do venres 24 de abril, pola Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel María Vázquez Mourelle.
A preguntas de Infogauda, Esteban González Miranda afirmou que "o obxecto da reunión foi o de trasladar á Conselleira algunhas das demandas dos veciños e veciñas de Tomiño ata hoxe sen levar a cabo, como pode ser o tan necesario Tramo II da Vía de Alta Capacidade, cuxo proxecto constructivo foi aprobado en abril de 2012, cun orzamento de 126.000.000 de euros e que a día de hoxe atópase "en planificación" segundo informou a Conselleira".
"Outras demandas trasladadas foron a Rotonda de Figueiró, e o Parque Empresarial de Tomiño, cunha superficie de 493.000 m2 e un orzamento de urbanización de 23.000.000 euros, cun 20% expropiado, e que a día de hoxe está pendente de que se cumpra a demanda suficiente para abrir un novo proceso", engadiu Esteban González Miranda.
A delegación tomiñesa, encabezada por Esteban González agradece a Ethel Vázquez o seu recibimento e a súa sensibilidade coas demandas do Concello de Tomiño.

Ningún comentario:
Publicar un comentario