22 de abr. de 2015

SANTIAGO DE COMPOSTELA

CULTURA
Val del Omar no CGAC




CGAC / Santiago de Compostela

 O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, D. Román Rodríguez González, ten o pracer de convidar a vostede á inauguración da exposición

Val del Omar 
A mecamística do cine

que terá lugar no CGAC o vindeiro venres, 24 de abril de 2015, ás 20:30 h

A obra de José Val del Omar (Granada, 1904-Madrid, 1982) é o resultado das súas facetas de inventor, poeta visual e cinemista. Con este neoloxismo Val del Omar quixo unir a actividade do alquimista e a do cineasta e definir deste xeito a súa orixinal aproximación ao cinema: a través da investigación tecnolóxica e dunha estética experimental propia. A exposición realiza un percorrido pola obra de Val del Omar a partir dun concepto que sobrevoa toda a súa traxectoria: a mecamística. Outro neoloxismo (creado a partir de “mecánica” e “mística”) co que o artista granadino se refería ao universo das máquinas, ás que se enfrontaba, do mesmo xeito que á realidade, cunha actitude mística, buscando ver máis alá do inmediato da tecnoloxía. 

 Exposición organizada polo Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e producida por Obra Social “la Caixa”.

CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA 
Ramón del Valle Inclán 2, 
15703 Santiago de Compostela 
cgac@xunta.es / www.cgac.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario