29 de abr. de 2015

PONTEVEDRA

PREVISIÓN DE ACTIVIDADES DO PARTIDO POPULAR PROVINCIAL PARA ESTE XOVES, 30 DE ABRIL DE 2015


VIGO

 Os candidatos dos Partidos Xudiciais de Vigo e Baixo Miño manteñen unha reunión de traballo co secretario xeral do PP de Galicia, Alfonso Rueda, e coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Asistirán os candidatos de Baiona, Gondomar, Redondela, Nigrán, Pazos de Borbén, Vigo, Salceda, A Guarda, O Rosal, Tui, Porriño, Oia, Tomiño e Mos.

NOTA PARA OS MEDIOS

Os medios interesados poderán recoller declaracións e tomar imaxes antes do inicio da reunión.


ACTO: Reunión dos partidos xudiciais de Vigo e Baixo Miño con Alfonso Rueda e Nava Castro.

HORA: 17.30 horas 

LUGAR: Sede do PP de Vigo (Rúa Areal, Entresuelo 50 - Interior)


FORCAREI

O presidente do Partido Popular provincial, Rafael Louzán, e o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, intervirán na presentación da candidatura do PP de Forcarei xunto coa cabeza de lista, Belén Cachafeiro.   

ACTO: Presentación de candidatura PP de Forcarei

HORA: 20.30 horas 

LUGAR: Centro Social de Forcarei


SOUTOMAIOR

O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, e o director xeral de Administración Local da Xunta de Galicia e portavoz provincial, Alberto Pazos, intervirán na presentación da candidatura do PP de Soutomaior xunto co cabeza de lista, Agustín Reguera Ocampo.

ACTO: Presentación de candidatura PP de Soutomaior

HORA: 20.30 horas 

LUGAR: Multiusos Arcade

Ningún comentario:

Publicar un comentario