NOVA CONCENTRACIÓN EN APOIO DOS PREFERENTISTAS MULTADOS POR DEFENDER OS AFORROS DE TÓDOLOS GALEGOS
Será este xoves 30 de abril, ás 09:30 horas diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra
Na imaxe varios afectados polas preferentes e subordinadas e polas sancions que lles foron impostas - Foto: Ana Belen Álvarez
Plataforma de afectados polas preferentes do Baixo Miño
Dende a Plataforma de afectados polas preferentes do Baixo Miño informamos:
Membros de Plataformas de afectados por preferentes e subordinadas de Galiza participarán na concentración que se celebrará este xoves 30 de abril, ás 09:30 horas diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, coincidindo co xuízo de nove preferentistas do Baixo Miño sancionados inxustamente por participar en actos pacíficos de protesta.
Así pois facemos un chamamento á tódolos colectivos, organizacións políticas, movementos sociais, sindicatos, e á sociedade en xeral, a amosar a súa indignación e apoio ante tales feitos aberrantes para que se unan á concentración convocada diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra. Coincidindo así cos xuízos de:
VICENTE FRANCO, DOMITILA
Expte. 2709/13 Subdelegación "(...) por alterar a seguridade colectiva, intentando entrar no Concello ata en tres ocasións usando a forza (…)" no Rosal o día 03/06/15 ás 12:15 horas. Tamén terían que vir Antonio Cardoso e algún membro da Plataforma. P.A. 296/14 Cont-Admvo 3 30/04/15 ás 9:45 horas.
SIO CASTRO, CAMILO
Expte. 2797/13 Subdelegación.- Trátase dunha sanción da Sudelegación por orixinar desordes leves consistentes en obstaculizar a entrada ó Concello, provocando reaccións nos demáis manifestantes o 10/06/13 ás 11:50 horas na Plaza do Calvario do Rosal. É o P.A. 297/2014 sinalado o 30/04/15 ás 10:00 en Contencioso.
ÁLVAREZ GÁNDARA, AMÉRICO
Expte. 2714/13 Subdelegación por alteración da orde pública no Rosal o 4/6/13 ás 14:30 horas. É o P.A. 298/14 sinalado o 30/04/15 ás 10:15 horas.
Estas e outras persoas, tamén de outras Plataformas, foron represaliadas polas distintas administracións públicas gobernadas polo PP, mediante as multas e sancións administrativas que se lle impuxeron inxustamente a preferentistas por participar en actos pacíficos de protesta. O importe total desas multas en Galiza ronda os 20.000 euros e esiximos a súa retirada.
Para que isto non volte a acontecer, a Plataforma do Baixo Miño fai un chamamento a participar nesta nova movilización en solidariedade cos sancionados por defender os aforros dos galegos, e condenar con eles/as a represión que seguen a sofrir.
(R.)

Ningún comentario:
Publicar un comentario