O PARTIDO POPULAR PRESENTOU SÚA CANDIDATURA ÁS VINDEIRAS ELECCIONS MUNICIPAIS
Conchi Ortega Martínez, candidata á alcaldía de A Guarda polo PP, contou coa asistencia da Conselleira do Medio Rural e do Mar; do Secretario Xeral para o Deporte, e da Secretaria Xeral do Partido Popular de Pontevedra.
Conchi Ortega Martínez - no centro da imaxe - xunto á totalidade dos compoñentes da candidatura do Partido Popular de A Guarda, ás Eleccions Municipais do 24 de maio
Infogauda / A Guarda
Rocío de Sinde, Secretaria Xeral do Partido Popular de Pontevedra, na súa intervención
Abriu o acto a Secretaria Xeral do Partido Popular de Pontevedra Rocío de Sinde. No seu discurso resaltou a fortaleza do partido fronte aos demais grupos, oportunistas e con afán de dividir, para despois facerse con parcelas de poder a base de pactos. Chamou á unión aos militantes e simpatizantes, como único xeito de conseguir a maioría absoluta.
Na imaxe - terceiro pola esquerda - José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte, que tamén participou no acto de presentación da candidatura dos Populares de A Guarda
De seguido, tomou a palabra o Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete Lasa, quen salientou os logros do Deporte galego e o apoio recibido pola Xunta de Galicia, a pesares dos recortes. Recoñeceu o importante esforzo e o alto nivel de competición dos deportistas guardeses.
Máis tarde interviu a Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana. Tras unhas palabras de recoñecemento á traxectoria profesional de Conchi Ortega e destacou súa valía como líder dos Populares de A Guarda.
Conchi Ortega Martínez, candidata á Alcaldía de A Guarda, polo Partido Popular dirixíndose o numeroso público que asistiu á presentación da candidatura dos Populares de A Guarda ás Eleccions Municipais do vindeiro mes de maio.
A continuación falou a candidata á alcaldía Conchi Ortega, dando un rápido repaso ás propostas do partido, e anunciando que a campaña vai a ser pensando en positivo, sen descalificacións. Finalmente procedeu a chamar ao escenario do auditorio aos candidatos, destacando as cualidades persoais de cada un.



Ningún comentario:
Publicar un comentario