CONCENTRACIÓN DIANTE DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DE PONTEVEDRA
Coincidindo co xuízo de nove preferentistas do Baixo Miño sancionados inxustamente por participar en actos pacíficos de protesta
María Elvira, 78 anos [#AcusadasPreferentes]
Testemuño de Ana Belén, preferentista acusada de supostos disturbios [#AcusadasPreferentes]
Plataforma de afectados polas preferentes do Baixo Miño
Dende a plataforma de afectados polas preferentes do Baixo Miño informamos:
Membros de Plataformas de afectados por preferentes e subordinadas de Galiza participarán na concentración que se celebrará este xoves 23 ás 09:30 da mañá, diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, coincidindo co xuízo de nove preferentistas do Baixo Miño sancionados inxustamente por participar en actos pacíficos de protesta, que entre os 9 sumarían unha contía de 5.700€ en sancións.
Así pois facemos un chamamento á tódolos colectivos, organizacións políticas, movementos sociais, sindicatos, e á sociedade en xeral, a amosar a súa indignación e apoio ante tales feitos aberrantes para que se unan á concentración convocada diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra. Coincidindo así cos xuízos de Míriam Rodríguez (veciña de Tui), Elvira Viñas (veciña de Tui), Ana Belén Álvarez (veciña do Rosal), María Milagros Álvarez(veciña do Rosal), María Mirta González (veciña do Rosal), Jorge Méndez (veciño de Tui), Ricardo Méndez (veciño de Tui), Nieves Rodríguez (veciña de Tui) e Ana Belén González, acusados por desordes graves no Concello de Tui e no Concello do Rosal.
Estas e outras persoas, tamén de outras Plataformas, foron represaliadas polas distintas administracións públicas gobernadas polo PP, mediante as multas e sancións administrativas que se lles impuxeron inxustamente a preferentistas por participar en actos pacíficos de protesta. O importe total desas multas en Galiza ronda os 20.000 euros e esiximos a súa retirada. Para que isto non volte a acontecer, a Plataforma do Baixo Miño fai un chamamento a participar nesta nova movilización en solidariedade cos sancionados por defender os aforros dos galegos, e condenar con eles/as a represión que seguen a sofrir.
(R.)

Ningún comentario:
Publicar un comentario