18 BOLSEIROS DA DEPUTACIÓN COMEZAN O LUNS A TRABALLAR NAS CONFRARÍAS DA PROVINCIA
A
Deputación aprobou onte na xunta de goberno o convenio de colaboración cos 22
pósitos da provincia de Pontevedra por
valor de 700.000euros
·
500.000€ das axudas son
para a comercialización, recuperación de bancos marisqueiros, investimentos
propios dos pósitos e reparacións de locais.
·
200.000€ destinaranse á
contratación dos bolseiros para os pósitos de: A Guarda, Aldán,
Cangas, Moaña, Bueu, Arcade, Redondela, Vigo, Baiona, Cambados, Carril, Illa de
Arousa, Portonovo, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, , O Grove Lourizán e Marín
A Deputación de Pontevedra aprobou onte na xunta de goberno
ratificar o convenio de colaboración coa Federación Provincial de Confrarías de
Pescadores da provincia.
Infogauda / Pontevedra
Tal e como se acordou na reunión celebrada no Pazo Provincial, o pasado 13 de abril entre o presidente Rafael Louzán,
a conselleira de Pesca, Rosa Quintana, os representantes das 22 cofradías da
provincia e a propia Federación Provincial de Cofradías, a Deputación destinará
máis de 700.000 euros para apoiar a un sector estratéxico na comunidade tanto
pola súa achega económica como polo número de traballadores que emprega.
18 bolseiros incorpóranse o luns ó traballo nas confrarías
No convenio inclúese a cesión de 18 bolseiros que durante un ano desenvolverán
diferentes tarefas profesionais nos pósitos de A Guarda, Aldán, Cangas, Moaña,
Bueu, Arcade, Redondela, Vigo, Baiona, Cambados, Carril, Illa de Arousa, Portonovo,
Sanxenxo, Vilanova de Arousa, O Grove, Lourizán e Marín.
Este
mozos “comezarán o luns, 4 de maio a súa
primeira experiencia laboral en varias confrarías da provincia” tal e como
destacou o presidente Rafael Louzán, realizando diversas tarefas acordes coa súa
formación profesional.
Segundo
se recolle no convenio aprobado, a contratación destes bolseiros é financiada
pola Deputación de Pontevedra cunha partida económica de 200.000€
Son
18 titulados universitarios e de formación profesional que solicitaron participar no Plan de Práctica
Laboral pero non acadaron unha bolsa na convocatoria aprobada o pasado mes de
marzo, pero que agora se suman a aqueles 200 mozos e mozas do Plan de Práctica Laboral
que poden ampliar a súa formación e dispoñer da primeira oportunidade
profesional a través da Deputación de Pontevedra.
|
TITULACIÓNS
|
Nº de Bolsas
|
CONFRARÍAS
|
Bolsas por centro
|
|
CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
|
15
|
A GUARDA
|
1
|
|
ALDÁN-HÍO
|
1
|
||
|
ARCADE
|
1
|
||
|
BAIONA
|
1
|
||
|
CAMBADOS
|
1
|
||
|
CANGAS
|
1
|
||
|
CARRIL
|
1
|
||
|
ILLA DE AROUSA
|
1
|
||
|
LOURIZÁN
|
1
|
||
|
MOAÑA
|
1
|
||
|
PORTONOVO
|
1
|
||
|
REDONDELA
|
1
|
||
|
SANXENXO
|
1
|
||
|
VIGO
|
1
|
||
|
VILANOVA DE AROUSA
|
1
|
||
|
CICLO SUPERIOR EN SECRETARIADO
|
1
|
MARÍN
|
1
|
|
CICLO SUPERIOR EN XESTIÓN COMERCIAL E MÁRKETING
|
1
|
O GROVE
|
1
|
|
LICENCIATURA/GRAO EN BIOLOXÍA
|
1
|
BUEU
|
1
|
Liña de
axudas para gastos
500.000 euros da cuantía total do convenio aprobado pola Deputación de
Pontevedra destinaranse ao financiamento dos gastos derivados da actividade que
realiza cada unha das confrarías: comercialización, investimentos propios dos
pósitos, recuperación de bancos
marisqueiros así como as reparacións de locais.
A vindeira semana, á espera de que a Federación de Confrarías de
Pontevedra remita os datos relativos aos criterios de reparto, o organismo
provincial aprobará as cuantías destinadas a cada pósito.
A Deputación adiantará o 50% do investimento de cada confradía e
aportará o restante 50% unha vez se xustifiquen os traballos. Estes pagos
realizaránse a principios do verán e a finais de setembro, respectivamente
O
convenio enmárcase na liña de colaboración que dende hai anos o organismo
mantén coa Federación de Confrarías de Pontevedra para o sustento dos gastos
derivados do desenvolvemento de programas de fomento do sector. En 2014, a Deputación aportou 711.000 euros e
cedeu 15 bolseiros a través deste convenio de colaboración.

Ningún comentario:
Publicar un comentario