25 de abr. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA ADVIRTE DO PERIGO EXISTENTE NA FINCA DE FÍNOLA

Dada a inseguridade co muro de peche da mesma pola banda que da hacia a rúa Rosalía de Castro, e que dende fai tempo ameaza ruína polo que en calquer momento pode virse abaixo.


Infogauda / A Guarda

 Os efectos oportunos, Xosé María Martinez Rodríguez “Chechu” Responsable Local de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte comunicación:

RISCO E PERIGOSIDADE NO CAMPO DE FINOLA


 Dende fai bastante tempo, vimos escoitando as queixas e preocupacións de veciños/as especialmente naquelas datas en que con motivo de diversas festas se instalaron distintas atraccións, o que provocou o vaiado do espacio próximo a varandilla. O igoal que os usuarios do estacionamento público ubicado na coñecida como “Finca da Fínola” dada a inseguridade co muro de peche da mesma pola banda que da hacia a rúa Rosalía de Castro, e que dende fai tempo ameaza ruína polo que en calquer momento pode virse abaixo. O que non só é un risco para os que están dentro deste lugar, senón tamén para os que transitan polo lugar en dirección o Centro de Saúde, Centro Cultural e centros educativos  que quedan nas proximidades, así como os veciños/as que camiñan cara o Cemiterio ou en dirección a Camposancos. 

 Dende Converxencia Galega esperamos que se tomen as medidas necesarias para garantir a integridade dos usuarios/as  da zona de aparcamento, e tamén a de quenes pasan polo lugar.

A Guarda, a 21 de abril do 2.015    

Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu” 
Responsable Local de Converxencia Galega 


Sr. Alcalde-Presidente 
Sr. Concelleiro de Vías e Obras
Sr. Concelleiro de Tráfico 
Sr. Cabo de Policía Local 
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario