28 de abr. de 2015

SALCIDOS (A GUARDA)

A COMUNIDADE DE  MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DA PARROQUIA DE SALCIDOS REIVINDICA A POSESIÓN INMEMORIAL DO MONTE SANTA TREGA

Logo de ter solicitado súa inclusión no Padroado Municipal Monte Santa Trega, o alcalde de A Guarda ainda non lles deu resposta

A Xunta Rectora da Comunidade de Montes en Man Común de Salcidos considera que "(...) é de Lei a restitución do Dereito que correspóndelle a esta Comunidade de Montes, a súa presencia tamén nese Padroado (...)".


Eloi Gómez Mariño
Presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da Parroquia de Salcidos
Foto: Infogauda


Infogauda / A Guarda


 Asinado por Eloi Gómez Mariño, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes en Man Común da Parroquia de Salcidos, foi presentado no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, o escrito que deseguido imos reproducir literalmente, no que a devandita Comunidade de Montes Veciñais en Man Común, deixa ben patente súa disposición a participar, non soio nos aproveitamentos históricos, que de xeito consuetudinario, veñen practicando os veciños da parroquia de Salcidos, no Monte Santa Trega, senón nos rendementos económicos que xenera o devandito monte. Precisamente por ese motivo, solicitáronlle o alcalde de A Guarda, e a súa vez, presidente do Padroado Municipal Monte Santa Trega, súa incrusión no devandito "(...) organismo público con persoalidade xurídica propia e patrimonio especial (...)". 

 Para non interferir no desenvolvemento do proceso, non imos facer ningún tipo de comentario nin xuizo de valor, xa que entendemos que non nos corresponde a nos, facer unha valoración da situación. 

 O contido do escrito recentemente presentado pola Xunta Rectora da Comunidade Veciñais en Man Común da Parroquia de Salcidos dí o seguinte:


 Eloi Gómez Mariño, en calidade de Presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da Parroquia de Salcidos, por medio deste escrito, ven a solicitar que se proceda a SUSPENDER tódalas xestións e tramitacións referentes a modificación e reparto de ingresos do Padroado Municipal Monte de Santa Trega acordado na xuntanza realizada o pasado xoves día 23 de abril deste ano, polos seguintes motivos, que son perxudiciais aos intereses dos veciños/as da Parroquia de San Lorenzo de Salcidos.

 1º- Dita xuntanza foi celebrada baixo a dirección dun empregado municipal desempeñando as labouras de Secretario sen que fose nomeado para ese posto por ningún dos órganos que o Concello ten para a designación de cargos, ben sexa a Xunta de Goberno Local e ratificada polo Pleno do Concello.

 2º.- A persoa que desempeñou dita función, non ten nin a delegación Plenaria, nin os estudos, nin a categoría profesional para desenrrolar as funcións inherentes a ese cargo, dado que non pertenece a ningún dos grupos profesionais nin dispón de Habilitación Nacional para desempeñar o posto de SECRETARIO titular, nin accidental.

 3º.- Que xa fai datas máis que suficientes para que dende esa Alcaldía e Presidencia do Padroado Municipal Monte de Santa Trega, se hubera dado resposta o escrito presentado por esta Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Parroquia de Salcidos sobre a súa incorporación o Padroado de referencia, pois consideramos que co noso escrito e documentación presentada, ademais da presencia de distintos membros da Xunta Rectora que nestes momentos forman parte do Padroado e do Goberno Municipal, que son conscientes de que somos titulares dende tempos inmemoriais de terreos das faldras do Monte de Santa Trega que “caen” hacia Sestás e outras zonas desta Parroquia, e ca súa pasividade e deixadez de funcións, perxudicaron o dereito de ser tamén favorecidos no reparto de ingresos polo acceso as instalacións no Monte, así como no comercio e venda da madeira e outros beneficios que nestes momentos están sendo transferidos a outras entidades.

 Queremos deixar claro, tal e como sinalamos tanto na conversa persoal como por escrito no seu momento diante desa Alcaldía-Presidencia, esta nova Xunta Rectora non pode nin debe permitir que se siga mantendo a súa exclusión tanto de representación como de beneficiaria dos ingresos dese Padroado, co silencio complaciente dos Sres. Español Otero, Miguel Angel; Crespo González, Manuel Javier;  e Rodríguez González, Paulino, quenes formaron parte de diversas Xuntas Rectoras desta Comunidade de Montes e hoxe están no Goberno Municipal, e dan a impresión que actúan en contra dos intereses dos dereitos do Monte e dos  veciños/as da Parroquia de Salcidos, situación a que os feitos nos sirven de exemplo.
         
 Por todo o que anteriormente se ten exposto, dende esta Xunta Rectora queremos presentar este escrito para impugnar calquer tipo de acordo que dende a Alcaldía e/ou do Padroado Municipal Monte de Santa Trega se tome sin ter en conta os dereitos dos veciños/as da Parroquia de Salcidos, e manifestar que dende esta Xunta Rectora, procederemos a solicitar a intervención xudicial en tódolos aspectos que sexan necesarios para a defensa dos dereitos que nos correspondan e que cos feitos que están acontecendo nestes momentos son perxudiciais os intereses da Comunidade de Montes Veciñais da Parroquia de Salcidos.

 Queremos manifestar distintas cuestións que veñen acontecendo, entre elas, que a finais do pasado ano en que tomamos posesión da dirección da Comunidade, estamos traballando diante das diversas Administracións na procura dún novo deslinde total ou parcial, a fin de que esta Parroquia poida recuperar o que por historia e tradición é territorio de seu.

 Tamén queremos destacar que esta nova Xunta Rectora, solicitou por escrito, unha xuntanza ca C.M.V.M.C. da Parroquia de A Guarda, sin haber recibido resposta da mesma.

 Así mesmo, tamén se solicitou por medio do Sr. Alcalde, en calidade de Presidente do Padroado Municipal Monte de Santa Trega, a convocatoria dunha xuntanza, xa que consideramos que é de Lei a restitución do Dereito que correspóndelle a esta Comunidade de Montes, a súa presencia tamén nese Padroado, sin que a mesma se celebrase.

 Por todo o exposto, consideramos que cando queda menos dún mes para que se celebren as Eleccións Municipais en Maio/2015, non entendemos que se celebren xuntanzas para a aprobación dúns novos Estatutos do Padroado Municipal do Monte Santa Trega, que analizados en quente, somentes poden reflexar o interés que dende a Alcaldía e a Presidencia de deixar fora de todo dereito a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Parroquia de Salcidos.

 Por ser de Xusticia, en Salcidos, a 25 de abril de dous mil quince                

 Eloi Gómez Mariño
   PRESIDENTE 

(R.)           

Ningún comentario:

Publicar un comentario