"SOMOSARTE", COLECTIVO DE ARTISTAS DO BAIXO MIÑO PRESENTA UNHA EXPOSICIÓN NA FEIRA DE SAN GREGORIO 2015
Infogauda / O Rosal
"SOMOSARTE", é un heteroxéneo colectivo de artistas do Baixo Miño que desde súa fundación ven desenvolvendo unha constante actividade, amosando exposicións de obras pictóricas e escultóricas.
Esta fin de semana, co gallo da tradicional Feira de San Gregorio, que anualmente se celebra en Pías (San Miguel de Tabagón), O Rosal, "SOMOSARTE" presenta pinturas de Sheila Quinteiro, Libia Domínguez, Ana Mª Martínez, José Luis Rodríguez e Naa Martínez, e tamén esculturas de Ignacio Moure, Genaro Alonso e Xuxo Malone.
Nesta exposición colectiva os compoñentes de "SOMOSARTE" presentan súas obras máis recentes, que con toda certeza van ser do agrado de tódalas persoas que se acheguen ata Pías para disfroitar da Feira de San Gregorio, un evento no que os organizadores veñen acertando de pleno, pois en cada edición presentan un programa moi variado, no que se conxugan Cultura, Etnografía, Gastronomía, Música, e Tradición.
Como a climatoloxía non pode ser máis favorable, ninguén debería perderse á oportunidade de espallar un pouco, que boa falla nos fai a todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario