O MINISTERIO DE FOMENTO E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA INTERVIRÁN EN 23 XACEMENTOS GALAICO-ROMANOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
O investimento será de 6,5 millons de euros
No Baixo Miño, as actuacions previstas inclúen o megapoboado galaico-romano do Monte de Santa Trega, así como o complexo arqueolóxico de A Cabeciña, de Mougás (Oia), e o Castro do Alto dos Cubos, de Tui
No Baixo Miño, as actuacions previstas inclúen o megapoboado galaico-romano do Monte de Santa Trega, así como o complexo arqueolóxico de A Cabeciña, de Mougás (Oia), e o Castro do Alto dos Cubos, de Tui
Infogauda / Pontevedra
Tal e como habíamos avanzado os nosos lectores, a Ministra de Fomento, Ana Pastor e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinaron este sábado día 14 de marzo de 2015, un convenio para recuperar 23 xacimentos galaico-romanos da provincia cun orzamento de 6,5 millóns de euros, según adiantou onte en rolda de prensa, o titular da Deputación, Rafael Louzán.
Desta cantidade, o Ministerio de Fomento aportará 4,3 millóns e a Deputación 2,2 millóns. Louzán quixo agradecer a “especial sensibilidade” mostrada por Ana Pastor para levar a cabo unha iniciativa que calificou de “trascendente” para a provincia en canto recupera e pon en valor o seu patrimonio, potencia os recursos e atractivos turísticos e destaca o valor científico e sociocultural dos xacementos que serán recuperados.
O conxunto da Cabeciña cos petróglifos en primeiro plano e o castro ao fondo
Foto: Proxecto Mougás
LISTAXE DOS XACIMENTOS GALAICO-ROMANOS A INTERVIR, A TRAVERSO DO CONVENIO MINISTERIO DE FOMENTO - DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA:
01 IGREXA VELLA (VALGA)
02 CASTROLANDÍN (CUNTIS)
03 CASTRO DE ALOBRE (VILAGARCÍA DE AROUSA)
04 MONTE DO CASTRO (RIBADUMIA)
05 ADRO VELLO (O GROVE)
06 ALTO DA CRUZ DO CASTRO (COTOBADE)
07 A LANZADA (SANXENXO)
08 MERCADO DOS MOUROS (VALGA)
09 CASTRO DE A SUBIDÁ (MARÍN)
10 CASTRO DE FACHO DE DONÓN (CANGAS)
11 PORTA DE ARCOS (RODEIRO)
12 A CABECIÑA (OIA)
13 CASTRO DE TROÑA (PONTEAREAS)
14 CASTRO DE TORROSO (MOS)
15 COTO DE ALTAMIRA (AS NEVES)
16 ALTO DOS CUBOS (TUI)
17 CASTRO DE SANTA TREGA (A GUARDA)
18 CASTRIÑO DE BENDOIRO (LALIN)
19 CASTRO DE PENALBA (CAMPOLAMEIRO
20 CASTRO DE TOIRIZ (SILLEDA)
21 CASTRO DE COPA DE CASTRO (SILLEDA)
22 CASTRO DE PENA REDONDA (PONTECALDELAS)
23 CASTRO DE TORROSO (MOS)
Ningún comentario:
Publicar un comentario