3 de mar. de 2015

OURENSE

Últimos días para presentar traballos ao premio de periodismo "Xosé Aurelio Carracedo" 2015

O prazo remata o 16 de marzo e a dotación do galardón, que convoca a Deputación de Ourense, é de 3.000 euros.



 O vindeiro 16 de marzo remata o prazo para presentar traballos ao premio de periodismo "Xosé Aurelio Carracedo" 2015, un galardón que convoca a Deputación de Ourense para premiar o mellor traballo xornalístico –escrito, gráfico ou audiovisual- publicado o ano anterior nun medio de comunicación galego ou referido a Galicia. O premio foi instaurado pola institución provincial como homenaxe e lembranza do xornalista ourensán que lle da o seu nome, falecido en 1988, e en defensa dun xornalismo de calidade. O galardón consiste nun único premio e a dotación será de 3.000 euros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario