Chega o 8 de marzo e as mulleres do país encheremos de lilá as rúas de Compostela
Conas Ceives / Galiza
As nosas loitas son diarias, ao igual que as diferentes agresións que sufrimos. Por iso, dende Conas Ceives decidimos gozar e bailar o 8 de marzo até convertilo na nosa festa máis revolucionaria, porque nos nosos corpos e nas nosas conas autónomas, non manda ninguén.
Por esta razón, propoñémosvos unha serie de actividades para as xornadas do 7 e o 8 de marzo.
7 DE MARZO:
OBRADOIRO DE RUIDO E CÁNTICOS FEMINISTAS PARA PREPARAR A MANI DO 8. ÁS 18.30 no C.S.O ESCÁRNIO E MALDIZER. (Construiremos os nosos propios instrumentos a partir de material reciclado. Trae bidóns, caldeiros, potas... Pintarémolos e decorarémolos. Despois practicaremos algún ritmo para tocar na mani e elaboraremos cánticos).
-8 DE MARZO: 11:30 no Toural. PASARRÚAS FEMINISTA. Quedaremos para ir todas xuntas tocando os instrumentos até a estación do tren.
12.00 MANIFESTACIÓN FEMINISTA GALEGA na estación do tren
A partir das 17.00 no bar As Dúas. REGUEIFA E KARAOKE FEMINISTA. Porque festexaremos os nosos corpos e faremos do día, a nosa festa.
Agardámosvos a todasssss!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario