2 de mar. de 2015

GOIÁN

CULTURA
Goián recorda “a Toma da Barca” polos portugueses 271 anos despois


Infogauda / Goián

 O Concello de Tomiño organiza este martes día 3 de marzo, un encontro entre tomiñeses e cerveirenses no que se recordará un acontecemento histórico como é a toma da antiga vila da Barca polo exército portugues dentro da chamada Guerra de Restauración portuguesa.  

 O evento consistirá nunha charla na que Manuel Villa Troncoso e Diamantino Vale Costa nos relatarán os acontecementos históricos ocorridos un mesmo martes 3 de marzo pero de 1644.  

 O acto será público e desenvolverase no Centro Goianés ás 20:00 horas. 

 Esta actividade forma parte do proxecto transfronteirizo que ambos concellos inciaron hai xa uns meses co Focus Group no que veciños e diversas personalidades puxeron en común temas de actualidade entre ambas beiras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario