14 de mar. de 2015

GOIÁN (TOMIÑO)

A DEPUTACIÓN CONCEDE 170.000 € AO CONCELLO DE TOMIÑO PARA AMPLIAR E REFORMAR O AUDITORIO DE GOIÁN E CONVERTILO EN CENTRO DOCENTE DE ENSINO DE MÚSICA

As obras de ampliación e reforma do Auditorio de Goián ainda continúan a bo ritmo - Foto: Concello de Tomiño



Infogauda / Goián

 A Deputación de Pontevedra aprobou o venres a concesión de 170.000 € ao Concello de Tomiño para ampliación e reforma do Auditorio de Goián, na súa cuarta fase.

 O Auditorio de Goián sitúase na parroquia do mesmo nome, nunha zona destinada a equipamentos que fai esquina entre os viais da avenida do Brasil e a avenida Pío Troncoso. Sobre a mesma parcela está construido o pavillón de deportes e o Auditorio.

 A obra para a que a Deputación acaba de conceder 170.000 euros trata de acondicionar o edificio Auditorio como centro docente de ensinanzas artísticas elmentais de música.

 O Concello elaborou o proxecto da primeira fase en 2013, que adxudicou a Hidromiño, S.L. e está a piques de rematar. No ano seguinte, a empresa AlvamaGoianesa resultou adxudicataria da segunda fase, nunhas obras que hoxe se atopan en execución.

 En 2015, o Concello elaborou o proxecto para desenvolver a cuarta fase da obra que é para a que a Deputación aporta hoxe 170.000 euros. Esta fase consiste en prolongar o volume iniciado na fase I cos aseos, enchendo asi o valeiro entre o Auditorio e o pavillón, co cal se consigue unificar os dous equipamentos (pavillón e auditorio).

No proxecto aprobado, crearáse un novo acceso ao escenario, dotaráse duns camerinos a cota do escenario; crearáse unha antesala do esceario; e xeneraráse un corredor que comunique o novo volume co Auditorio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario