CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA A DOTACIÓN DE MEDIDAS DE SEGURIDADE VIAL EN DIFERENTES LUGARES DO POBO
José Manuel Romero Martínez ROMERO”, Responsable Local de Converxencia Galega
Infogauda / Oia
José Manuel Romero Martínez ROMERO”, Responsable Local de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de Oia, á seguuinte comunicación:
FALTA DE SEGURIDADE VIAL EN OIA
Dende fai
moitos anos, o Concello de Oia, está esquecida por moitas administracións, pero
fundamentalmente pola propia Administración Local, namentras outros concellos
veciños están incrementando medidas para mellorar a seguridade vial dos propios
veciños/as.
O normal
nos concellos da comarca é que os vehículos circulen polos tramos urbanos nas
proximidades das escolas e colexios a velocidades reducidas, xustamente o que
non acontece en Oia, localidade que asemella que as normas máis básicas de
tráfico, de seguridade e civismo, que non existen. Aquí en Oia nas zonas urbanas o máis normal é ollar motos
e vehículos, circulan con exceso de velocidade.
Poderíamos
facer distintos comentarios sobre o que acontece a diario, pero para poñer un
exemplo, diante da GALE-ESCOLA “GALIÑA
AZUL” faise necesario ter un paso de peóns, co seu correspondente resalte,
para que os vehículos circulen a unha velocidade reducida, así coma tamén para
dar servicio os país, nais e nenos/as da citada escola.
Namentras noutros concellos o normal é atopar na súa entrada e saída dos
núcleos urbanos varios pasos de peóns para facer que así os vehículos circulen
a velocidade moderada, en Oia acontece totalmente o contrario, hai unha total
ausencia destes elementos, o que indica a pouca ou total deixadez na seguridade
dos/as veciños/as por parte do Goberno Municipal, que leva anos sen ser capaz
de poñer en funcionamento este tipo tan básico de medidas.
Dende
Converxencia Galega, queremos denunciar a pasividade e total inutilidade do
Goberno Municipal en aportar medidas de seguridade vial no noso Concello,
situación que redunda en que sexamos un dos concellos galegos con máis alta
taxa de accidentes circulatorios e en atropellos.
Dende Converxencia Galega, vimos a solicitar para que o Concello de Oia, de inicio a
levar a cabo a planificación e xestión necesaria diante das Administracións que
corresponda, a fin de que no menor tempo posible, sexa unha realidade a
instalación das pertinentes medidas de seguridade nos distintos puntos urbanos
do noso pobo, para mellorar a situación vial e de integridade dos/as
veciños/as.
Oia, a 13 de marzo de 2.015
José Manuel Romero Martínez “ROMERO”
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr.
Alcalde-Presidente do Concello de Oia
Ningún comentario:
Publicar un comentario