15 de mar. de 2015

DEPORTES

JUDO

TECLA CADILLA ACEVEDO, CAMPIOA DE EUROPA JUNIOR DE JUDO

A judoka de A Guarda venceu en tódolos combates que disputou

Tecla Cadilla Acevedo - a dereita da imaxe - xunto coa adestradora Mónica Pacheco Lomba, do Ximnasio Do-Majó, de A Guarda

Infogauda / Deportes

 Unha semana despois de lograr o Campionato de España Junior de Judo, na categoría de -57 quilos, a judoka de A Guarda, Tecla Cadilla Acevedo, ven de conquerir proclamarse Campioa de Europa Junior de Judo, na devandita categoría.

 A actuación de Tecla Cadilla Acevedo, en Coimbra (Portugal), onde esta fin de semana se está disputando o Campionato de Europa de Judo  - no que participan deportistas de 19 países - foi de un altísimo nivel. Comezou na primeira ronda preliminar, enfrontándose a española María Ruiz Muro, nún combate que tivo unha duración de 4:00 minutos, e que foi gañado por Tecla Cadilla.

 Na segunda ronda preliminar, Tecla Cadilla Acevedo venceu a danesa Helene Christensen, nún combate que durou 2´13".

 Na semifinal, a judoka guardesa enfrontouse a británica Jodie Coller, vencendo Tecla Cadilla Acevedo, logo de 4:54 de combate.

 No combate final, Tecla Cadilla enfrontouse por espazo de 4 minutos, a irlandesa Dewy Karthaus, vencendo a loitadora guardesa.

 O resumo da actuación de Tecla Cadilla Acevedo foi o seguinte: 1 x Ippon, 2 x Waza-ari, 2 x Yuko e 0 x Koka.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario