7 de mar. de 2015

DEPORTES

OS ATLETAS DO CLUB POLIDEPORTIVO SAN XEROME COMPETIRON NO CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS CON MOI BOS RESULTADOS


Na categoría absoluta Borja Cadilla proclamouse Campión de Galicia e Maite Santos e Jennifer Álvarez acadaron cadansúa medalla de bronce

Daniel Lomba Alonso / A Guarda
Coordinador Club Polideportivo San Xerónimo Emiliani

 O pasado mércores día 4 de marzo celebrouse o Campionato Galego de Campo a través, no circuito habilitado no Parque de Castrelos. Este Campionato estivo organizado pola Federación Galega de Deporte Adaptado (FEGADA), na súa sección de discapacitados intelectuais.     

 Despois de moitos días de chuvia, espertamos cun día de sol brilante o que facilitou o desenvolvemento da proba. Déronse cita máis de 200 participantes, o Club Polideportivo San Xerónimo Emiliani, competiu cun total de 9 atletas, con moi bos resultados. 

Borja Cadilla, Campión de Galicia de Campo a Través

 A destacar a categoría absoluta, Competición maiores de 15 anos, onde en homes Borja Cadilla acadou a medalla de Ouro, e Maite Santos a medalla de Bronce en mulleres. 

Maite Santos, medalla de bronce

Equipo de Atletismo do Club Polideportivo San Xerome


Jennifer  Álvarez tamén fixo podio

 Na categoría Xogo maiores de 15 anos, Jennifer  Álvarez obtivo medalla de bronce. 

 Luis Antonio Sandez en plena carreira

                                  Oscar Moure logrou un merítisimo 4º posto

 Outros resultados a destacar foron os cuartos postos de Luis Antonio Sández, Fran Martínez e Óscar Moure. En xeral, un moi bo día de competición, onde os usuarios disfrutaron do deporte e da compañía doutros deportistas e monitores.       
 Dende o Club queremos agradecer aos monitores o traballo que veñen de realizar nos adestramentos semanais, a colaboración da Sociedade Atlética do Trega e a todos aqueles que fan posible os apoios necesarios para acudir a ésta e outras competicións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario