CONCHI ORTEGA SERÁ Á CANDIDATA Á ALCALDÍA DE A GUARDA POLO PARTIDO POPULAR
O Presidente da Deputación de Pontevedra, alcaldes de contorna, e ex-alcaldes de A Guarda e do Rosal, participaron no acto de presentación da alcaldable popular
Conchi Ortega - no centro da imaxe - no acto de presentación da súa candidatura á alcaldía do Concello de A Guarda - Foto: Hernández
Infogauda / A Guarda
Onte á sete e media da tarde, na sala de exposicións do Centro Cultural de A Guarda, celebrouse o acto de presentación
da nova candidata a alcaldesa polo Partido Popular: Conchi Ortega.
Comenzou o acto coa intervención de Rafael Louzán,
presidente da Deputación de Pontevedra, onde salientou de Ortega a súa grande
capacidade para resolver conflictos e a súa valía como gestora económica.
Falaron de seguido José Luis Alonso Riego e Puri Álvarez,
ex alcaldes da vila, reiterando as palabras de Louzán e manifestando estar convencidos
de que é a mellor opción para liderar o goberno municipal de A Guarda.
Finalmente falou Conchi Ortega, quen nun emotivo preámbulo adicado ás xentes do mar, afirmou que se presentaba á alcaldía do único xeito que o sabe facer: traballando. Afirmou que, ao contrario que outros, ela estaría todolos días petando nas portas das Administracións para pedir financiamento.
Sin chegar a ser un acto de campaña (o evento era sometes a súa presentación pública), non se puderon evitar reproches ao actual goberno municipal, achacándolle inoperatividade e ineficiencia nos temas importantes.
Destacou a súa especial sensibilidade nos asuntos de pesca e empresariais en xeral, o turismo, problemas sociais, o deporte e a cultura.
Ao finalizar o acto, os presentes, satisfeitos co discurso, agradeceron cun caluroso aplauso as boas intencións de Conchi Ortega.
Puri Álvarez comentou que ágora máis que nunca era necesario a unión nos populares.


Ningún comentario:
Publicar un comentario