"CRÁTERES" EN VARIOS LUGARES DO TERMO MUNICIPAL
Un dos "cráteres" na pista de Amido, en Salcidos
Infogauda / A Guarda
Sen entrar en valoracións de carácter político, porque non é esa nosa misión, deixamos constancia da existencia, en varios lugares do termo municipal de A Guarda, de numerosos tramos de vías públicas, onde semella que en lugar de zoas de tránsito de vehículos e mesmo de paso de persoas, estemos en unhas zoas lunares.
Por si algúns políticos non o queren admitir, publicamos dúas imaxes - entre outras varias que tomamos fai unhas horas - que o acreditan. Á vista de todos están non poucos "cráteres", que poñen en notoria evidencia unha vergonzante falla de mantemento. Semella que algúns na súa cobiza por tentar captar uns puñados de votos antes de dar comezo á campaña electoral das vindeiras Eleccions Locais de maio, están máis preocupados polo futuro que polo presente. E o que toca, eiquí e agora, é atender o día a día da cidadanía, en xeral, e non aproveitar os cárregos que alguns ostentan para procurar filias en beneficio própio, desatendendo o que afecta á toda á comunidade veciñal.


Ningún comentario:
Publicar un comentario