22 de mar. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA A DOTACIÓN DE UN ASCENSOR OU GRÚA ACUÁTICA PARA A PISCINA MUNICIPAL

                                            Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
                                                    Responsable Local de Converxencia Galega

Infogauda / A Guarda

 Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega, en A Guarda ven de presentar no rexistro municipal do concello guardés, á seguinte proposta:

PLAN DE ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS NA PISCINA MUNICIPAL

 Despois das distintas “peripecias” vividas no noso apoio e respaldo as xustas reivindicacións da familia de Valentín González González, na súa loita por poder saír a rúa libremente, acabamos de recibir recado dunha veciña, que tivo de deixar de acudir a Piscina Municipal pola cantidade de “atrancos” ou barreiras arquitectónicas que ten que sufrir para poder acceder os servicios destas instalacións, ainda que tanto médicos como profesionais, teñenlle indicado as ventaxas de usar esta terapia como técnica de recuperación.

 Somos coñecedores de distintos/as veciños/as que teñen sufrido diversas enfermedades cardíacas, cerebrais, e de otras índole, especialmente as sinaladas como “raras”, que teñen deixado de usar ditas instalacións polas dificultades que atopan para acceder as dependencias, e ainda moito máis grave, é que non exista un aparato “grúa” para axudar a entrar/saír da auga a aquelas persoas maiores, ou con dificultades de movilidade.

 Por todo o exposto, dende Converxencia Galega, vimos a solicitar do Grupo de Goberno do PSOE co Sr. Freitas a cabeza, procedan a levar a cabo da maneira máis urxente para que por medio dos Servicios Sociais, se proceda a adquisición dunha grúa para poder trasladar a auga ou a súa saída da lámina da piscina municipal a aquelas que precisen axuda e/ou colaboura para poder levar a cabo exercicios para a súa recuperación ou terapias de mantemento tras sufrir algunhas enfermedades que recorten a súa movilidade.

A Guarda, a 03 de marzo do 2.015

Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”

Responsable Local de Converxencia Galega



Sr. Alcalde-Presidente 
Sra. Concelleira de Servicios Sociais 
Concello de A Guarda 

Ningún comentario:

Publicar un comentario