22 de mar. de 2015

OIA

CONVERXENCIA GALEGA CONSIDERA QUE A AFIRMACIÓN DO ALCALDE DE SUBIRSE O SOLDO É UNHA IRRESPONSABILIDADE

José Manuel Romero Martínez “ROMERO”   
Responsable Local de Converxencia Galega


Infogauda / Oia

   José Manuel Romero Martínez “ROMERO”, Responsable Local de Converxencia Galega ven de presentar no rexistro municipal do Concello de Oia, á seguinte comunicación:  

SOBRE-SALARIO EN OIA

   Na acta da sesión ordinaria nº 3, celebrada o 24 de abril do 2.014 atopamos no punto 9 unha moción de urxencia presentada polo Concelleiro do BNG, Sr. José Miguel Giráldez, solicitando do Pleno da Corporación Municipal a retirada do salario que o Sr. Alcalde percibe do Concello de Oia.

   Sometida a votación a urxencia da moción; os concelleiros do PP votaron en contra (6 votos), o PSOE (4 votos) abstivéronse, e 1 voto a favor (concelleiro do BNG).

    Dende Converxencia Galega de Oia pensamos que a iniciativa estaba ben; pero que carecía de argumentación legal.

  A Lei 27/2.013, Lei de Racionalización e sostenibilidade da Administración Local, no seu apartado 18º modifica o artigo 75º da Lei 7/1.985, Lei de Bases do réxime local, que no seu apartado 2º dí: 

  “Os concelleiros que sexan proclamados deputados provinciais deberán optar por mante-lo réximen de exclusividade nunha ou outra Administración Local, sen que en ningún caso poidan acumularse ambos réximes de dedicación”.

   Imos a explicar esta norma legal ós nosos veciños oienses: Para ser deputado provincial, hai que ser primeiro concelleiro (ou alcalde). Esta Lei 27/2.013, o que impide é cobrar dous salarios de dúas administracións locais distintas; polo que o deputado provincial debe optar por cobrar como Alcalde, ou concelleiro con adicación exclusiva, ou rexeita-lo salario do seu concello e cobra-los honorarios como deputado da Deputación Provincial, pero nunca os dous xuntos e ó mesmo tempo. Esta situación está fóra da Lei, polo tanto é ilegal.

  As Leis son para cumprir todos con elas; e quen primeiro debe dar exemplo é o Alcalde dun Concello. Temos Oia, un concello pequeno, cunha taxa de desemprego do 32% (Outubro 2.014), con +300 veciños no paro, sen cobrar prestacións,... e o Sr. Alcalde arróupase nun privilexio non legal de cobrar dous salarios públicos, e todo isto ca complacencia dos concelleiros do PP e PSOE de Oia.

   Lamentablemente non entendemos a posición destes concelleiros; pois a posición da Lei é moi clara. ¿Porqué non queren cumprila? ¿Porqué queren manter unha situación de ilegalidade? ¿Están de acordo con esa ilegalidade?,...
  
   Isto é unha total vergoña e falta de consideración ós veciños, pero moita máis vergoña é ter que leer na acta a resposta do Sr. Alcalde de Oia:

   “Di que o que cobra no concello ven a conto do moito traballo que desempeña aquí e punto. Di que si trae esta moción ao pleno ordinario promételle que se sube o soldo ata o límite máximo marcado por Montoro”.

    A afirmación do moito traballo que desempeña en Oia, realmente isto é unha información ou apreciación subxectiva, pois hai veciños que non pensamos así. Sobre a promesa de subirse ainda máis o soldo, aparte de ser unha “arroutada”, é un desprecio total ós veciños de Oia, especialmente a aqueles que están no paro. 

    A afirmación ou promesa de subirse ainda máis o soldo é unha total irresponsabilidade, feita de alguén que non ten os coñecementos administrativos e legais máis básicos. Os nosos veciños deben coñecer, que os membros de Converxencia Galega de Oia, sabemos que a situación actual dos salarios do Sr. Alcalde podería ser totalmente ilegal, por non cumplir coa Lei 27/2.013; pero tamén entra na acción do artigo 404º do Código Penal (Lei Orgánica 10/1.995).

   Por esta é outras moitas razóns, unha das liñas de acción prioritarias de Converxencia Galega, será reduci-los salarios da Corporación Municipal oiense. Queremos ser servidores dos veciños de Oia, e non que os veciños estén o servicio dos “que mandan en Oia”, todo que podamos aforrar daquelas áreas donde hai despifarro, será diñeiro a invertir en obras e en postos de traballo para mellorar a calidade de vida dos veciños, xa que dende o noso punto de vista, dende o Concello hai que estar o servicio dos oienses.

     Oia, a 20 de marzo do 2.015

José Manuel Romero Martínez “ROMERO”   
Responsable Local de Converxencia Galega





Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Oia 

Ningún comentario:

Publicar un comentario