TRIBUNA ABERTA
¿ORDENACION DO TRÁFICO?
Dende que escomenzou o Goberno Municipal do PSOE, falouse
do “gran esforzo” que estaba facendo o Concelleiro liberado (ata fai un mes) de
Tráfico e Policía (los chicos del Pauli) para desenrrolar un Plan de
Circulación e Tráfico, moderno e actual que puxera en orden a desfeita
permanente e máis grave no verán que sufre o tráfico na nosa localidade.
Levouse a cabo distintas campañas
sobre normas de aparcamento que endexamais “creceron tantos coches aparcados
nas beirarrúas, nos pasos de peóns e nos vados” que a repetiron varias veces,
que de todo iso, somentes quedaron as facturas de imprenta, xa que os
resultados foron “un éxito” para o
Concelleiro que as “protestas” son contínuas. Algo parecido sucede cas
“campañas” dos premios dos cans, das que en diversas ocasións, temos solicitado
informe sobre a “efectividade” da campaña informativa e sancionadora, e como os
resultados foron tan expléndidos, que a resposta foi “silencio absoluto”.
Queremos resaltar que –especialmente no inverno- cada pouco se levan acabo
“razzias” de tráfico, con campañas espectaculares nas “zonas azules” con multas “que revolven o
ollo”, case todas a veciños/as, menos
algunha desta zona “reservada” para algún taller.
Namentras
os veciños/as e visitantes que acuden o noso Concello ou ao Xulgado, perden o
tempo buscando donde aparcar, “algunhas autoridades” ou secretarias das mesmas,
poden aparcar donde queiran, sin que los “chicos del Pauli” fagan algo para que
practiquen o “predicar co exemplo” e se enteiren deste “parking privado” para
“persoal de confianza”.
Dende
Converxencia Galega xúrdennos varias preguntas: ¿A Policía Local estará esperando
que haxa algún accidente para que os coches que suben do Monterreal e queren
xiran hacia a rúa Cervantes? ¿Sería interesante saber –que se fixera
público- si se impuxo algunha sanción a “secretaria”?
Como
unha imaxe vale máis que mil palabras, aportamos as fotos que nos remitiu un
guardés como testimuña do acontecer diario.
A Guarda, a 28 de Febreiro do 2.015
Xosé María
Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local
de Converxencia Galega
Sr.
Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Tráfico
Concello de A Guarda


Ningún comentario:
Publicar un comentario