6 de mar. de 2015

A GUARDA

TRIBUNA ABERTA

¿ESTARÁN ESPERANDO UN ACCIDENTE?        

 Cada pouco, “nas grandes obras” deste Goberno do PSOE, atopamos vaias e cintas de seguridade impedindo o paso, ou advertindo do risco de perigo para que se tomen as medidas de protección necesarias a fin de non correr risco nas desfeitas que cada pouco tempo xurden por tódalas esquinas, e así atopamos situación como a exposta na Praza da Igrexa, que xa leva uns poucos de días, e gracias os avisos feitos por un veciño tras o empotramento, e noutros sitios, a presencia de obreiros facendo arranxos “temporais” como sucede na Alameda do século XXI.

 Nestes días recibimos a información para que fóramos a comprobar a situación de perigo que ofrece a barandilla instalada na intersección das rúas Vicente Sobrino ca Galicia, e polo que podemos observar é o risco que están tendo as persoas que transitan polo lugar.



 A “garantía” das obras desenrroladas nos derradeiros anos, deberon ser feitas por medio de seguros das “preferentes” xa que cada vez que se ten que arranxar algo, temos que volver a pagar, na maioría das veces a mesma empresa que fixo a obra inicial.

 Ainda de pecar de reiterativos, dende Converxencia Galega seguimos insistindo que unha imaxe vale máis que mil palabras, polo que o que está vista non precisa de moita explicación, se non se toma unha medida urxente sobre a seguridade desta barandilla, pode acontecer que en pouco tempo, teñamos que estar lamentando o “percance” por velocidade da limitación sinalada, co fin de “aforrar” unha parada obrigada por sinal semafórica.

A Guarda, a 28 de Febreiro do 2.015

  
Xosé María Martínez Rodríguez
 Responsable Local de Converxencia Galega



Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Vías e Obras
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario