TRIBUNA ABERTA
¿ATA CANDO A DEIXADEZ E DESTROZO DO CASTELO DE SANTA CRUZ?
Na imaxe da esquerda, vista parcial do futuro Centro de Interpretación do Sistema Defensivo do Baixo Miño, que presenta un lamentable estado de abandono. Na imaxe da dereita, aspecto que presenta o tanque de lavar - Fotografías: Grupo Municipal Converxencia Galega / A Guarda
Non queremos ser moi repetitivos, pero cada pouco nos chegan imáxenes de distintos sitios da nosa localidade, por medio das cales, fánnos coñecer diversos problemas, que non fan máis que demostrar a situación de abandono que se atopa por toda A Guarda, sin que o Sr. Freitas (alcalde en retirada) nin o que pretende ser seu sustituto, e responsable de ¿Cultura? ¿Será que o Castelo de Santa Cruz non forma parte do Patrimonio Cultural deste pobo? ¡Debe ser que despois de estar “mudo” durante sete anos, agora fala de todo e por todo!
E unha desgracia que cada pouco tempo, teñamos que ser coñecedores dos “despelotes” existentes no noso pobo, polo que é inaceptable o que acontece na área de cultura, con un mudo que agora sae nos medios de comunicación falando de que vai facer, cando durante oito (8) anos non dixo ní pío do acontecer diario, nin en educación, cultura, novas tecnoloxías, etc., que agora sae nos medios de comunicación como si fora o “ideólogo” do PSOE e dirixente máximo da organización local.
Por todo o exposto, dende Converxencia Galega, vimos a solicitar do Grupo de Goberno do PSOE co Sr. Freitas a cabeza, (asesorado nestes intres, polo “candidato” a alcaldía de A Guarda, e mudo a día de hoxe) para que imparta as órdenes oportunas para que polo menos se proceda a arranxar as emerxencias existentes a fin de que as instalacións do Castelo de Santa Cruz, poidan ser visitadas por veciños/as e turistas a fin de que sexa unha referencia cada o turismo, fundamentalmernte o cultural, do que no noso concello debe ser unha referencia a nivel da bisbarra do Baixo Miño.
A Guarda, a 03 de Marzo do 2.015
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Cultura
Sr. Concelleiro de Patrimonio
Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario