23 de feb. de 2015

TOMIÑO

O Concello celebra con versos de Rosalía de Castro o aniversario da célebre escritora galega  



Este martes, repartiránse pegatinas con versos da poetisa entre o alumnado dos centros educativos e usuarios/as do mercado municipal

Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño celebrará este martes, 24 de febreiro, o aniversario do nacemento da poetisa e escritora Rosalía de Castro. Para a ocasión o Concello agasallará ao alumnado de todos os centros educativos do municipio, de nivel Infantil, Primario e Secundario, asó coma aos usuarios e usuarias do Mercado Municipal, cunha pegatina alusiva, con versos consagrados da poetisa galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario